SOÑOS DE PRINCESA
Pecha os ollos,
sente que algo máis alá
do que chegamos a entender
sucede entre nós.
Abre os ollos,
contempla que este mundo
cheo de odios e rancores
espéranos aos dous xuntos.
Dáme a túa man,
escoita que os ecos da lúa,
que confluyen en nós,
non saben máis que de amor.
Sente no teu interior,
non temas darche conta
de que é a min a quen desexas,
que eu son o que buscas,
o que sempre buscaches.
Agora ¡Mírame!,
Xa o ves,
non son máis do que observas
e con todo ti ámasme.
Podo mirarche aos ollos
e sentir que hai máis aló
dos teus soños de princesa.
Pecha os ollos
e abre o teu corazón ferido,
déixame entrar ás furtadelas
no mar dos teus sentidos.
¡E quéreme, bícame!
Sácame deste mundo solitario,
ispe o meu corpo e a miña alma
e dime que me amas.
*Este poema lo he traducido al Galego en memoria de mi pasado,
en memoria de mis orígenes y los de mi familia.
2 comentarios
César -
César
ESTRELLA -
Un saludo
Estrella (de Galicia, aunque en Toledo)